MENU

Compartir unhas racions e o mellor xeito de empezar un xantar ou coñecer os clásicos pratos como empanada, carne o caldeiro ou os nosos queixos.

A nosa e unha cociña de proximidade, os nosos productos veñen dos mercados de Santiago, dende o mar e os campos de Galicia as mesas do dezaseis con toda a sua frescura.

A seleccion de viños da nosa adega inclúe, a demais das demominacións de orixe galegas, viños da rioxa, castela-leon, Portugal e cavas.

A COCIÑA

O polbo á grella é o prato estrela da cociña do dezaseis, foi ideado por Rafa Riveiro alá polo ano 2000 e dende entón figura de xeito continuado na carta do Dezaseis.

Este prato é o mellor exemplo da tradición gastronómica que desenvolve agora Gonzalo Lobato e da que gozan xa por igual composteláns e turistas ou peregrinos.

Funciona de luns a sábado de 14.00 a 16.00 h e de 20.30 a 24.00 h e, ademais do famoso polbo á grella, ofrece multitude de pratos nos que o protagonista é o producto galego pero a súa preparación deixa un oco para a imaxinación ou a experimentación que agradecen tanto os habituais como aqueles que queren unha comida tradicional diferente. Ademáis conta con menú do día a elixir entre dous primeiros e dous segundos, bebida, sobremesa e café.

HISTORIA,

VINTE ANOS DO DEZASEIS

É, sen dúbida algunha, un dos referentes da hostalería compostelá. Situado na emblemática rúa de San Pedro, en pleno Camiño de Santiago nunhas antigas cabaleirizas. O Dezaseis logra converter ós clientes en amigos e a comida nun placer ó alcance de moitos, de todos aqueles que baixan os centenarios chanzos deste fermoso local. O seu nome, Casa de Xantar, non deixa lugar ás dúbidas; estamos nun establecemento onde comer implica algo máis que alimentarse, que gozar dun bo prato; é unha forma de volver a aquelas comidas de antes, cociñadas paseniñamente ó calor da amizade e do bo facer.

Un local onde gozan tanto os que comen coma os que cociñan ou sirven; por iso un dos seus maiores logros é converter os clientes ocasionais en fieis comensais e estes en amigos, unha fórmula que leva sumando devotos vinte anos xa e que continúa dando moitas satisfaccións a todos os que comparten ese emblemático espazo.

EQUIPO

Nesta casa de comidas ao xeito tradicional cócese paseniño a amizade. Non existe a liña divisoria entre xefes e traballadores. Trabállase en equipo. Pola noite séntanse á mesa e comparten e dixiren as anécdotas, os bos e malos momentos vividos ao longo do día. Iso é o que diferencia o Dezaseis doutros restaurantes. Tamén a capacidade de Suso exercendo de patriarca que quere a familia reunida ao pé del, arredor da súa figura entrañábel.

ESPAZO

No Dezaseis contamos con diversos salóns e ambientes, para que todos os nosos clientes poidan sentirse cómodos, como na sua casa, ainda que sen dúbida un dos rincóns favoritos de todos é a terraza cuberta. Tomar o polbo baixo a parra mentras se oe de fondo a chuvia de Santiago, é un dos pequenos placeres da vida que quedan gardados para sempre na memoria.